1
00:00:18,125 --> 00:00:20,083
Que? Como andas?
2
00:00:20,708 --> 00:00:23,375
Estás a gustiño aí? Vale, xenial.
3
00:00:23,916 --> 00:00:25,083
Pois atende.
4
00:00:25,916 --> 00:00:28,000
Vouche contar unha historia,
5
00:00:28,500 --> 00:00:32,541
a de cando fuximos dunha granxa de polos.
6
00:00:33,791 --> 00:00:35,208
Había unha granxeira.
7
00:00:35,208 --> 00:00:38,916
E non podía ver diante as galiñas.
8
00:00:38,916 --> 00:00:40,750
Tíñaas coma prisioneiras.
9
00:00:40,750 --> 00:00:44,541
Digamos que era
unha muller de armas tomar.
10
00:00:44,541 --> 00:00:47,625
Mercou unha máquina
para facer pasteis cos polos.
11
00:00:48,583 --> 00:00:50,125
Non sucumbades ao pánico!
12
00:00:53,333 --> 00:00:56,833
Pero co que non contaba
era coa guerra que lle ía dar
13
00:00:56,833 --> 00:00:59,333
unha galiña con ansias de liberdade.
14
00:00:59,333 --> 00:01:01,083
Era fera, valente
15
00:01:01,083 --> 00:01:03,708
e non quería máis ca unha cousa.
16
00:01:03,708 --> 00:01:05,041
Liberdade!
17
00:01:06,250 --> 00:01:07,791
Uniunos a todos
18
00:01:09,041 --> 00:01:12,000
e deunos as ás
para fuxirmos daquel cárcere!
19
00:01:12,000 --> 00:01:14,541
Sacou de alí a todas as galiñas
20
00:01:15,041 --> 00:01:17,875
e desfíxose daquela endemoñada granxeira!
21
00:01:19,083 --> 00:01:20,291
Aburiño!
22
00:01:23,791 --> 00:01:26,083
E sabes quen era esa pita loitadora?
23
00:01:27,291 --> 00:01:29,333
A túa naiciña.
24
00:01:29,333 --> 00:01:34,583
Rocky, non é un chisco prematuro
contarlle historias para durmir?
25
00:01:35,083 --> 00:01:39,375
Muller, nunca é cedo
para saber de onde vés.
26
00:01:42,625 --> 00:01:45,041
Menos mal que eses días quedaron atrás.
27
00:01:46,083 --> 00:01:47,958
Foi un final feliz.
28
00:01:48,500 --> 00:01:49,708
Vivimos nel.
29
00:01:52,875 --> 00:01:54,250
Aí che vai, Mac.
30
00:01:54,250 --> 00:01:56,083
Alá vai máis froita, Bunty!
31
00:01:56,916 --> 00:02:00,833
Grazas, Mac,
que xa me estaba entrando a sede.
32
00:02:00,833 --> 00:02:03,458
Bo traballo, Bunty! Sigue así.
33
00:02:04,625 --> 00:02:05,708
Sabes unha cousa?
34
00:02:06,791 --> 00:02:09,333
Vai sendo hora de esquecérmolo pasado.
35
00:02:09,333 --> 00:02:10,833
Saíu ben outra vez.
36
00:02:10,833 --> 00:02:12,708
Abofé! Precioso.
37
00:02:13,208 --> 00:02:14,375
O pasado?
38
00:02:14,375 --> 00:02:15,750
Que pasado?
39
00:02:16,750 --> 00:02:19,791
Ese pasado, que quedou atrás.
40
00:02:21,416 --> 00:02:24,000
Pero se foron os nosos días de gloria.
41
00:02:24,000 --> 00:02:25,750
É quen somos.
42
00:02:25,750 --> 00:02:27,458
É quen fomos.
43
00:02:27,958 --> 00:02:31,125
Pasamos aquel calvario
para evitarllo ao noso bebé.
44
00:02:33,291 --> 00:02:35,958
Pois tes toda a razón.
45
00:02:37,666 --> 00:02:41,541
De agora en diante,
a nosa misión é manter o bebé a salvo.
46
00:02:42,041 --> 00:02:44,916
Ti tranquila.
O teu Rocky teno todo controlado.
47
00:02:47,541 --> 00:02:48,875
Que fago?
48
00:02:49,458 --> 00:02:50,375
Pega chimpos!
49
00:02:50,375 --> 00:02:51,791
Cólleo, recoiro!
50
00:02:55,791 --> 00:02:56,625
Contra!
51
00:02:58,000 --> 00:02:59,000
Ovo vai!
52
00:02:59,000 --> 00:03:00,875
Mi madriña! Un obús!
53
00:03:00,875 --> 00:03:02,708
Despexade a zona!
54
00:03:05,041 --> 00:03:06,458
- Collédeo!
- Coidado!
55
00:03:07,416 --> 00:03:08,750
Non!
56
00:03:24,333 --> 00:03:25,750
Mira para aí!
57
00:03:27,291 --> 00:03:29,458
Xa temos unha familia.
58
00:03:30,208 --> 00:03:32,666
Mira que cousiña, Rocky.
59
00:03:34,125 --> 00:03:35,833
É perfecta.
60
00:03:36,875 --> 00:03:38,791
Benvida ao mundo.
61
00:03:41,708 --> 00:03:42,875
Molly.
62
00:03:44,166 --> 00:03:46,041
Pero que pitiña máis feita!
63
00:03:46,041 --> 00:03:49,750
Ten as patas fraquiñas de seu pai.
64
00:03:49,750 --> 00:03:52,083
Haberá que exercitalas, digo eu.
65
00:03:52,083 --> 00:03:56,916
Nos meus tempos no Exército do Aire,
faciamos 50 agachamentos antes do almorzo.
66
00:03:59,000 --> 00:04:00,083
Xa non dou.
67
00:04:00,083 --> 00:04:02,625
- Fíxenlle unha bicicleta.
- Non me digas!
68
00:04:05,416 --> 00:04:06,375
Calcetáchela.
69
00:04:06,375 --> 00:04:09,041
Que detalle máis riquiño!
70
00:04:09,833 --> 00:04:11,416
Grazas, Babs.
71
00:04:12,000 --> 00:04:17,125
Sabedes que?
A nosa illa paradisíaca agora é...
72
00:04:18,166 --> 00:04:19,916
"paradisiquísima".
73
00:04:20,416 --> 00:04:24,125
Quiquiriquí!
74
00:04:48,041 --> 00:04:50,500
Molly! Non! Parade o carriño!
75
00:05:02,625 --> 00:05:05,833
- A miña nena valente!
- Así! Moi ben!
76
00:05:07,125 --> 00:05:08,250
- Oi! Non!
- Non!
77
00:05:08,250 --> 00:05:10,166
Molly, es atrevida de máis!
78
00:05:10,166 --> 00:05:12,583
Ten tino, filliña! Agárrate ben.
79
00:05:12,583 --> 00:05:13,916
Agárrate...
80
00:05:16,083 --> 00:05:17,791
Ai, non! Non!
81
00:05:21,541 --> 00:05:23,041
Intolerable!
82
00:05:33,166 --> 00:05:35,250
- Queredes un té?
- Ai, si! Que ben!
83
00:05:48,000 --> 00:05:49,250
Ola, rapaces!
84
00:05:49,250 --> 00:05:50,416
Benvidos!
85
00:05:50,416 --> 00:05:54,416
Traémosche uns trastes de categoría, meu!
86
00:05:54,416 --> 00:05:57,166
- Toma.
- Molly, suxeita isto, anda.
87
00:05:59,083 --> 00:06:02,000
- Veña! Alégrome de vervos!
- Deica o mes que vén!
88
00:06:02,000 --> 00:06:03,375
Ola, guapiña!
89
00:06:04,875 --> 00:06:06,333
Abur!
90
00:06:15,333 --> 00:06:16,458
Vas ver...
91
00:06:19,125 --> 00:06:21,458
Non! Trampulleiro!
92
00:06:24,375 --> 00:06:25,541
Deica!
93
00:06:28,750 --> 00:06:30,041
- Ola!
- Boas!
94
00:06:30,041 --> 00:06:31,500
- Bo día!
- Ola!
95
00:06:31,500 --> 00:06:33,291
- Ola!
- Bo día, cousiña!
96
00:07:08,375 --> 00:07:09,291
Ola, mamá.
97
00:07:10,125 --> 00:07:11,208
Ola, rula.
98
00:07:11,708 --> 00:07:12,666
Ola, papá!
99
00:07:12,666 --> 00:07:15,000
Tío Nick! Tío Fetcher!
100
00:07:15,500 --> 00:07:18,041
Acaba... de chamarme tío.
101
00:07:18,041 --> 00:07:20,416
Tranquiliño, meu. Tranquiliño!
102
00:07:20,416 --> 00:07:22,958
É que nunca tiven unha familia.
103
00:07:22,958 --> 00:07:24,208
Nin eu.
104
00:07:26,833 --> 00:07:29,958
Mamá, mira unha cousiña...
105
00:07:29,958 --> 00:07:31,291
Podemos ir aló?
106
00:07:31,291 --> 00:07:32,250
A onde, rula?
107
00:07:32,250 --> 00:07:34,208
Á outra beira da auga.
108
00:07:44,416 --> 00:07:46,791
Xa o falamos, Molly.
109
00:07:46,791 --> 00:07:48,791
Alí non che hai nada para nós.
110
00:07:49,291 --> 00:07:51,458
E o que traen tío Nick e tío Fetch?
111
00:07:52,041 --> 00:07:53,958
Esas cousas non son para nós?
112
00:07:54,458 --> 00:07:55,583
Que tal, Ginge?
113
00:07:55,583 --> 00:07:56,916
Rocky!
114
00:07:57,625 --> 00:08:01,375
Molly falaba de saír da illa.
115
00:08:01,375 --> 00:08:02,333
Ai, xa.
116
00:08:02,833 --> 00:08:04,541
Ai! Xa...
117
00:08:05,041 --> 00:08:09,041
Mira, Molly.
Queres ver o invento máis chulo do mundo?
118
00:08:12,916 --> 00:08:13,791
Vale!
119
00:08:20,250 --> 00:08:21,666
Que é, papá?
120
00:08:22,875 --> 00:08:25,500
Pois a solución
a todos os problemas da vida.
121
00:08:26,541 --> 00:08:27,875
Flocos de millo.
122
00:08:30,208 --> 00:08:33,291
Son o melloriño do mundo ou que?
123
00:08:35,291 --> 00:08:36,916
Estanche ben bos.
124
00:08:36,916 --> 00:08:37,916
Bos?
125
00:08:38,416 --> 00:08:40,541
Están boísimos!
126
00:08:42,333 --> 00:08:46,750
Miña rula,
non che hai vida mellor ca esta.
127
00:09:02,500 --> 00:09:04,375
Mamá, que pasa?
128
00:09:04,375 --> 00:09:06,083
Non pasa nada, Molly.
129
00:09:07,125 --> 00:09:08,416
Nada de nada.
130
00:09:22,125 --> 00:09:25,875
En fin. Era visto
que os humanos acabarían vindo.
131
00:09:28,875 --> 00:09:32,791
Parece que as levan
a unha especie de granxa.
132
00:09:37,125 --> 00:09:40,166
Habíache ben tempo que non vía ese ollar.
133
00:09:40,958 --> 00:09:44,791
Non podes arranxar
todos os problemas do mundo, churriña.
134
00:09:44,791 --> 00:09:47,500
Xuntanza hoxe á noite. Correde a voz.
135
00:09:48,416 --> 00:09:50,166
Xa empezamos.
136
00:09:56,458 --> 00:09:58,125
Que foi, mamá?
137
00:09:58,125 --> 00:10:01,958
Por que non me deixas subir á árbore?
De que vai a xuntanza?
138
00:10:01,958 --> 00:10:04,125
De nada importante, Molly.
139
00:10:04,125 --> 00:10:06,416
É que...
140
00:10:06,416 --> 00:10:09,875
É que hai avespas moi grandes... este ano.
141
00:10:10,500 --> 00:10:11,666
En serio?
142
00:10:11,666 --> 00:10:16,083
Ademais, alguén ten que quedar aquí
para mirar polo teu pai.
143
00:10:21,375 --> 00:10:23,541
Tranquilas. Estou ben.
144
00:10:24,041 --> 00:10:25,416
De acordo.
145
00:10:26,000 --> 00:10:28,708
Se cadra cóntame un conto
mentres non estás.
146
00:10:28,708 --> 00:10:29,875
Boa idea.
147
00:10:30,833 --> 00:10:33,083
Boas noites, miña mociña afouta.
148
00:10:37,375 --> 00:10:39,416
Boa noite, Ginge. Sorte!
149
00:10:40,833 --> 00:10:43,333
A ver, bechiño, que che apetece facer?
150
00:10:43,333 --> 00:10:48,250
Pois se cadra podíasme falar... disto.
151
00:10:48,250 --> 00:10:49,458
ROCKY
O GALO VOADOR
152
00:10:53,125 --> 00:10:56,291
É que ese... non son eu.
153
00:11:02,583 --> 00:11:05,083
{\an8}Vale. Si, son eu.
154
00:11:05,083 --> 00:11:07,416
Pero vaiche boa disto.
155
00:11:08,625 --> 00:11:09,875
E...?
156
00:11:10,416 --> 00:11:11,375
E...
157
00:11:12,500 --> 00:11:13,750
a verdade,
158
00:11:14,666 --> 00:11:17,291
éche unha boa historia.
159
00:11:19,250 --> 00:11:21,083
Non nos queren só polos ovos.
160
00:11:21,083 --> 00:11:23,083
Ginger ten o ollar ese.
161
00:11:23,083 --> 00:11:26,458
Vainos meter de crista noutra liorta.
162
00:11:26,458 --> 00:11:29,000
Eu non quero meterme en liorta ningunha.
163
00:11:29,000 --> 00:11:30,500
Teño "liortafobia".
164
00:11:30,500 --> 00:11:34,416
- Abonda, veña. Calade, por favor.
- Vai falar.
165
00:11:34,416 --> 00:11:36,250
- Silencio.
- Pecha o peteiro!
166
00:11:36,250 --> 00:11:39,750
A ver, xa sabemos o da estrada nova.
167
00:11:42,125 --> 00:11:47,083
E o dos camións que levan galiñas
ao que parece ser unha especie de granxa.
168
00:11:47,083 --> 00:11:48,666
Unha granxa?
169
00:11:49,416 --> 00:11:51,916
Acouga, Beryl. Escoitade.
170
00:11:51,916 --> 00:11:55,416
Sabemos por experiencia
o que iso pode supoñer.
171
00:11:56,208 --> 00:11:58,791
Non podemos mirar para outro lado.
172
00:12:00,041 --> 00:12:02,875
Non nos queda outra.
173
00:12:03,583 --> 00:12:05,000
Non o quero oír.
174
00:12:05,000 --> 00:12:06,708
Temos que facer algo!
175
00:12:09,666 --> 00:12:11,125
Temos que agocharnos.
176
00:12:14,875 --> 00:12:15,833
Agocharnos?
177
00:12:15,833 --> 00:12:17,708
Si. Agocharnos!
178
00:12:18,666 --> 00:12:20,583
Facer coma quen que non estamos?
179
00:12:21,250 --> 00:12:22,166
Xusto!
180
00:12:31,666 --> 00:12:35,291
Operación Polo Agochado. Bárbaro!
181
00:12:35,291 --> 00:12:38,333
Encántanme os polos!
Sobre todo, os de limón.
182
00:12:38,333 --> 00:12:39,500
Leva razón.
183
00:12:39,500 --> 00:12:41,500
Non é problema noso.
184
00:12:42,000 --> 00:12:43,708
Estás ben, rula?
185
00:12:44,416 --> 00:12:47,125
Non é propio de ti
agocháreste ante o perigo.
186
00:12:47,625 --> 00:12:51,083
Ben cho sei.
Pero agora teño que pensar en Molly.
187
00:12:51,083 --> 00:12:52,083
Non podo...
188
00:12:52,083 --> 00:12:54,375
Non podemos arriscar a nosa liberdade
189
00:12:54,375 --> 00:12:57,583
aventurándonos nun mundo
onde as galiñas somos...
190
00:12:59,333 --> 00:13:00,458
deliciosas.
191
00:13:08,958 --> 00:13:09,958
Arriba!
192
00:13:19,583 --> 00:13:21,000
Xenial!
193
00:13:21,000 --> 00:13:25,333
Agora todos caladiños
para non chamar a atención.
194
00:13:25,333 --> 00:13:29,250
Quiquiriquí!
195
00:13:33,833 --> 00:13:34,833
Rocky!
196
00:13:35,750 --> 00:13:41,333
Dada a nova situación,
se cadra é mellor que non cantes.
197
00:13:44,875 --> 00:13:46,208
Que non cante?
198
00:13:47,083 --> 00:13:48,416
Se iso é o meu.
199
00:13:48,416 --> 00:13:52,041
Podes facer outra cousa.
Menos estrepitosa.
200
00:13:52,041 --> 00:13:53,875
Ala! Que chulo!
201
00:13:53,875 --> 00:13:55,708
Molly! Afástate de aí.
202
00:13:55,708 --> 00:13:57,916
Ginge, podemos falar do de...?
203
00:13:57,916 --> 00:13:59,458
Leva razón, galiño.
204
00:14:01,333 --> 00:14:04,666
Emitir sinais ao tolo custa vidas.
205
00:14:04,666 --> 00:14:06,458
Hai que pasar desapercibidos.
206
00:14:06,958 --> 00:14:09,750
Ao mediodía impartirei
unha clase de camuflaxe.
207
00:14:10,333 --> 00:14:12,708
Se me dás atopado.
208
00:14:17,958 --> 00:14:19,583
Para que é, mamá?
209
00:14:25,166 --> 00:14:26,166
Iso que é?
210
00:14:28,916 --> 00:14:31,541
Ten un polo sentado nun caldeiro!
211
00:14:31,541 --> 00:14:33,416
E fai así.
212
00:14:34,250 --> 00:14:35,375
Escacho coa risa!
213
00:14:36,416 --> 00:14:37,791
Vamos para a casa.
214
00:14:42,458 --> 00:14:45,000
A onde irán? Podemos ir nós tamén?
215
00:14:45,000 --> 00:14:47,333
- Parece divertido.
- Síntocho, Molly.
216
00:14:47,333 --> 00:14:50,166
- Non estás lista para saíres da illa.
- Pero...
217
00:14:50,666 --> 00:14:52,458
Rocky? Bótame unha man.
218
00:14:52,458 --> 00:14:54,875
Podo cantar as fins de semana? Non?
219
00:14:54,875 --> 00:14:56,375
Que non estou lista?
220
00:14:56,375 --> 00:14:59,083
Se son grandiña e afouta. Sempre mo dis.
221
00:14:59,083 --> 00:15:01,708
Xa o sei. Pero aínda es moi nova.
222
00:15:01,708 --> 00:15:03,166
Segundo quen?
223
00:15:03,166 --> 00:15:05,375
Segundo teu pai e mais eu.
224
00:15:05,375 --> 00:15:06,541
Va que si, Rocky?
225
00:15:06,541 --> 00:15:08,416
Si, claro. Totalmente. Si.
226
00:15:08,416 --> 00:15:10,000
Faille caso a túa nai.
227
00:15:10,708 --> 00:15:13,958
Que che parece se canto a medias?
"Quiqui" ou "riquí"?
228
00:15:13,958 --> 00:15:15,500
Unha cousa máis curtiña.
229
00:15:15,500 --> 00:15:20,833
Pois vou ir ver os camións eses
porque son unha campeira solitaria!
230
00:15:20,833 --> 00:15:22,166
Igual ca papá.
231
00:15:23,250 --> 00:15:24,583
Vin o seu póster.
232
00:15:25,791 --> 00:15:28,416
El vivía alá, e ti tamén.
233
00:15:31,333 --> 00:15:34,291
Dixen eu tal cousa? Non me lembro.
234
00:15:34,291 --> 00:15:35,375
Abonda!
235
00:15:35,375 --> 00:15:37,875
Molly, non vas saír desta illa.
236
00:15:37,875 --> 00:15:40,833
Non podes obrigarme a quedar.
Non mandas en min!
237
00:15:40,833 --> 00:15:43,083
Mando tal.
238
00:15:43,833 --> 00:15:48,458
Mira, Molly, aquí tes todo o que queiras.
239
00:15:48,458 --> 00:15:50,583
Menos unha cousa.
240
00:15:50,583 --> 00:15:51,958
O que?
241
00:15:53,791 --> 00:15:55,083
Liberdade.
242
00:16:02,791 --> 00:16:06,458
Hai que ver. É cuspidiña a ti.
243
00:16:33,833 --> 00:16:36,625
A túa filla vai saber de medo!
244
00:16:38,000 --> 00:16:40,041
Na cara non!
245
00:16:44,625 --> 00:16:45,625
Molly?
246
00:16:49,250 --> 00:16:50,250
- Molly?
- Molly?
247
00:16:50,250 --> 00:16:51,916
- Sae, Molly!
- Molly!
248
00:16:51,916 --> 00:16:53,250
- Molly?
- Molly?
249
00:16:53,250 --> 00:16:54,541
- Molly!
- Molly!
250
00:16:54,541 --> 00:16:56,041
- Molly?
- Molly!
251
00:16:56,708 --> 00:16:58,083
Sae xa, Molly!
252
00:17:06,375 --> 00:17:07,208
Non!
253
00:17:07,208 --> 00:17:09,000
Marchou da illa!
254
00:17:16,041 --> 00:17:19,875
Isto non está tan mal.
Non sei a que tiña medo mamá.
255
00:17:20,375 --> 00:17:23,208
Son grandiña... e afouta.
256
00:17:23,208 --> 00:17:24,750
Si, abofé que si.
257
00:17:25,250 --> 00:17:27,250
Son... grandiña...
258
00:17:28,833 --> 00:17:29,791
e...
259
00:17:30,541 --> 00:17:31,458
non moi afouta.
260
00:17:57,791 --> 00:18:00,750
Que raio facías?
Seica tes conduta suicida?
261
00:18:00,750 --> 00:18:02,083
Non.
262
00:18:04,541 --> 00:18:06,958
Agarda. Que significa "conduta"?
263
00:18:09,208 --> 00:18:12,375
Non é algo tarde
para andares por aí, pequerrecha?
264
00:18:12,375 --> 00:18:14,375
Non son pequerrecha.
265
00:18:14,875 --> 00:18:16,750
Son grandiña e afouta.
266
00:18:17,250 --> 00:18:20,333
E non é algo tarde
para andares ti por aí tamén?
267
00:18:23,375 --> 00:18:25,208
Vale. Cáesme ben.
268
00:18:25,708 --> 00:18:27,166
Retrucas ben, non si?
269
00:18:27,666 --> 00:18:29,791
En fin. Eu chámome Frizzle.
270
00:18:30,875 --> 00:18:32,083
E ti?
271
00:18:33,416 --> 00:18:34,291
Molly.
272
00:18:35,166 --> 00:18:38,416
Aínda que é unha parvada de nome.
Igual o mudo por...
273
00:18:38,416 --> 00:18:39,458
Cala, rula.
274
00:18:39,458 --> 00:18:40,625
Vai parar.
275
00:18:40,625 --> 00:18:42,625
É a nosa oportunidade!
276
00:18:44,250 --> 00:18:45,833
Vés ou que?
277
00:18:45,833 --> 00:18:46,791
A onde?
278
00:18:46,791 --> 00:18:48,916
Ao camión das pitas felices!
279
00:18:49,666 --> 00:18:50,791
Ti tamén o viches?
280
00:18:50,791 --> 00:18:52,333
Vin.
281
00:18:53,583 --> 00:18:55,541
Vaia onde vaia ese camión,
282
00:18:55,541 --> 00:18:58,958
será máis chulo ca o andar dun pingüín.
283
00:19:00,791 --> 00:19:02,166
Ca o andar de que?
284
00:19:02,708 --> 00:19:04,041
Que é un pingüín?
285
00:19:04,875 --> 00:19:07,125
Canto che queda por aprender!
286
00:19:07,125 --> 00:19:08,041
Vamos!
287
00:19:10,750 --> 00:19:11,875
Agarda por min!
288
00:19:12,666 --> 00:19:15,916
A ver, atopou o póster
e conteille a historia.
289
00:19:15,916 --> 00:19:18,291
Non creo que sexa para tanto.
290
00:19:18,291 --> 00:19:23,375
Claro. É moi sisudo animar a nosa filla
a ser unha "campeira solitaria".
291
00:19:23,375 --> 00:19:26,041
Oe, se por ti fose, seguiría na casca.
292
00:19:26,041 --> 00:19:29,041
Pois estaríache mellor na casca
que na estrada!
293
00:19:29,041 --> 00:19:32,666
Conta, ti tamén vives nunha illa?
294
00:19:32,666 --> 00:19:35,833
Non, ho.
Vivía na típica granxa aburridísima.
295
00:19:35,833 --> 00:19:39,208
Viñeron os camións,
pero disque son moi miúda para ir.
296
00:19:39,208 --> 00:19:40,750
Pero poden dicir misa.
297
00:19:40,750 --> 00:19:42,666
Déixante sentar nun caldeiro!
298
00:19:43,166 --> 00:19:45,333
Que polo non vai querer un caldeiro?
299
00:19:45,333 --> 00:19:47,250
Eu quero un caldeiro.
300
00:19:47,250 --> 00:19:48,708
Ti e mais eu, Mol,
301
00:19:48,708 --> 00:19:52,458
queremos ir a onde nos pete,
cando nos pete.
302
00:19:52,458 --> 00:19:55,875
Si! Sen que nos digan
o que podemos facer e o que non.
303
00:19:57,000 --> 00:19:59,625
Ti e mais eu, rula, sempre xuntas.
304
00:20:04,375 --> 00:20:05,916
Mi madriña!
305
00:20:08,333 --> 00:20:09,166
Oes iso?
306
00:20:09,166 --> 00:20:12,083
Soa a festa rachada!
307
00:20:19,625 --> 00:20:21,666
Iso que é?
308
00:20:22,166 --> 00:20:24,375
Seica nunca viches un humano?
309
00:20:26,083 --> 00:20:28,000
Na granxa hainos.
310
00:20:28,000 --> 00:20:30,083
Sonche medio parvos.
311
00:20:30,083 --> 00:20:33,708
Dannos de comer e limpan o que manchamos.
Son coma criados.
312
00:20:33,708 --> 00:20:36,250
Ei! Oe, ti!
313
00:20:36,750 --> 00:20:38,625
Como destes saído vós as dúas?
314
00:20:38,625 --> 00:20:40,125
Que dis, Molly?
315
00:20:40,833 --> 00:20:43,541
Vés vivir a aventura da túa vida ou que?
316
00:20:47,125 --> 00:20:48,375
- Non!
- Non!
317
00:20:48,375 --> 00:20:49,875
Molly!
318
00:20:52,708 --> 00:20:54,958
{\an8}FESTA 001
319
00:20:54,958 --> 00:20:55,875
{\an8}Ginger!
320
00:21:10,791 --> 00:21:11,625
Molly!
321
00:21:14,625 --> 00:21:15,916
Sei o que pensas.
322
00:21:15,916 --> 00:21:17,583
Onde están os caldeiros?
323
00:21:18,083 --> 00:21:20,250
Seguro que nolos dan ao chegarmos.
324
00:21:20,250 --> 00:21:22,458
- Falta moito?
- Molly!
325
00:21:28,541 --> 00:21:29,500
Oliña!
326
00:21:42,583 --> 00:21:43,916
Hame depenar o cu!
327
00:21:43,916 --> 00:21:46,666
- Agárrate, Fowler!
- Que che parece que fago?
328
00:21:54,291 --> 00:21:55,125
Molly!
329
00:22:00,541 --> 00:22:04,958
GRANXAS DIVERTILANDIA
O FINAL FELIZ PARA AS GALIÑAS
330
00:22:06,708 --> 00:22:08,791
Home, tan mala pinta non ten.
331
00:22:14,041 --> 00:22:17,333
Si que ten mala pinta, si.
332
00:22:34,625 --> 00:22:36,125
Alto. Para aí.
333
00:22:38,416 --> 00:22:39,583
A ver.
334
00:22:40,666 --> 00:22:42,666
- Vale, todo ben.
- Continúa.
335
00:23:04,541 --> 00:23:10,416
ALTA TENSIÓN
336
00:23:14,666 --> 00:23:16,166
Non sucumbades ao pánico.
337
00:23:16,166 --> 00:23:18,083
- Nada de pánico.
- Que mal!
338
00:23:18,083 --> 00:23:21,625
É o momento ideal para o pánico!
O inimigo lévanos vantaxe.
339
00:23:21,625 --> 00:23:23,208
Hai que ter cabeza!
340
00:23:23,208 --> 00:23:24,625
Onde temos que tela?
341
00:23:24,625 --> 00:23:25,958
Tento pensar!
342
00:23:25,958 --> 00:23:28,583
Calma. Dixen que non sucumbades ao pánico!
343
00:23:28,583 --> 00:23:31,458
Ginger, ti que dis?
344
00:23:34,166 --> 00:23:35,250
Digo...
345
00:23:36,000 --> 00:23:38,833
que da outra vez fuximos dunha granxa.
346
00:23:39,333 --> 00:23:42,708
Pois desta volta... imos entrar.
347
00:23:56,333 --> 00:23:58,833
- Que raro ole.
- Non é como imaxinaba.
348
00:23:58,833 --> 00:23:59,833
Está...
349
00:24:01,083 --> 00:24:03,208
chulo, non si?
350
00:24:05,083 --> 00:24:07,666
Así, pitiñas.
351
00:24:07,666 --> 00:24:10,250
Todas para abaixo.
352
00:24:21,250 --> 00:24:22,958
Iso non che me chista. Vamos.
353
00:24:24,875 --> 00:24:25,916
Por aquí.
354
00:24:49,791 --> 00:24:51,333
- Ala!
- Ala!
355
00:24:57,916 --> 00:25:02,291
Prometinche a aventura da túa vida ou non?
356
00:25:02,291 --> 00:25:04,916
Veña. A xogar!
357
00:25:08,125 --> 00:25:09,041
Viva!
358
00:25:09,708 --> 00:25:11,708
Vamos á piscina!
359
00:25:15,291 --> 00:25:17,708
Atendédeme. Podémolo lograr.
360
00:25:17,708 --> 00:25:19,958
Só nos cómpre un plan ben elaborado.
361
00:25:20,583 --> 00:25:22,291
Vale. Xa sei.
362
00:25:23,291 --> 00:25:24,666
Entro aí
363
00:25:24,666 --> 00:25:28,333
e saco a Molly.
364
00:25:28,833 --> 00:25:31,791
E como pensas facelo, polo sen cabeza?
365
00:25:32,500 --> 00:25:33,916
Muller, pois...
366
00:25:35,375 --> 00:25:37,500
Ou sexa... entrando
367
00:25:37,500 --> 00:25:40,000
e logo... sacándoa de alí.
368
00:25:41,041 --> 00:25:42,958
Iso non é plan ningún!
369
00:25:42,958 --> 00:25:45,083
Só é o que che gustaría facer.
370
00:25:45,083 --> 00:25:50,166
Si. Que aínda non asamos e xa pingamos.
Para facer o pan hai que quecer o forno.
371
00:25:50,166 --> 00:25:52,791
Mira, esa actitude é moi negativa.
372
00:25:52,791 --> 00:25:55,250
Mac ten razón. Precisamos información.
373
00:25:55,750 --> 00:25:58,625
Só temos unha oportunidade.
Cómpre pensar moi ben
374
00:25:58,625 --> 00:26:02,291
cada paso que vaiamos dar.
375
00:26:02,291 --> 00:26:04,375
Non podemos entrar ao tolo e...
376
00:26:06,208 --> 00:26:07,041
Rocky?
377
00:26:09,416 --> 00:26:10,583
Que fas?
378
00:26:11,083 --> 00:26:13,958
Ás veces hai que arriscarse, Ginger.
379
00:26:14,791 --> 00:26:16,291
- Listo, Fowler?
- Listo.
380
00:26:16,875 --> 00:26:18,000
- Dálle.
- Rocky.
381
00:26:25,125 --> 00:26:27,416
Quiquiri...
382
00:27:39,666 --> 00:27:42,083
Que ben lle saíu!
383
00:27:42,958 --> 00:27:45,333
A ver... Algo bo sacamos.
384
00:27:45,833 --> 00:27:47,916
Ao menos xa temos a información.
385
00:27:49,000 --> 00:27:51,416
Xa. Imos precisar reforzos.
386
00:27:53,333 --> 00:27:57,416
Nin tolos! Ese lugar é impenetrable.
387
00:27:57,416 --> 00:27:59,125
Si, e non se dá entrado.
388
00:28:01,333 --> 00:28:02,750
É imposible esa misión.
389
00:28:03,458 --> 00:28:06,000
Non se di ao revés?
390
00:28:06,750 --> 00:28:08,750
Mira que es paspán, Fetch.
391
00:28:09,250 --> 00:28:11,166
A ver, sei que parece imposible,
392
00:28:11,166 --> 00:28:14,458
pero coñecemos o sitio
e Mac cre que se pode entrar.
393
00:28:14,458 --> 00:28:16,916
Velaquí a Granxa Divertilandia.
394
00:28:18,250 --> 00:28:20,833
É ben máis pequecha do que pensaba!
395
00:28:21,708 --> 00:28:23,000
Grazas, Babs.
396
00:28:23,500 --> 00:28:25,375
Hai unha porta lateral,
397
00:28:25,875 --> 00:28:27,250
cun ángulo morto,
398
00:28:27,833 --> 00:28:30,375
que se abre cun sinxelo truquiño.
399
00:28:32,375 --> 00:28:35,375
Vale. O único problema
é este peche eléctrico.
400
00:28:35,375 --> 00:28:36,500
Estes gardas.
401
00:28:36,500 --> 00:28:38,750
As toupas armadas que saen do chan.
402
00:28:38,750 --> 00:28:41,916
E os parrulos explosivos
guiados por láser.
403
00:28:41,916 --> 00:28:44,250
Por favor, tendes que axudarnos.
404
00:28:44,250 --> 00:28:45,583
Rocky está alí.
405
00:28:45,583 --> 00:28:47,125
Mágoa, caíacheme ben.
406
00:28:47,125 --> 00:28:48,833
E Molly tamén.
407
00:28:49,541 --> 00:28:51,541
Molly? A nosa sobriña?
408
00:28:51,541 --> 00:28:52,833
Tranquiliño, meu.
409
00:28:52,833 --> 00:28:54,375
Non te me veñas abaixo.
410
00:29:00,416 --> 00:29:03,666
- Logo contamos con vós?
- Dicide que precisades.
411
00:29:04,666 --> 00:29:06,875
O que faga falla pola nosa Molly.
412
00:29:09,041 --> 00:29:10,666
Podémolo lograr, rapaces.
413
00:29:10,666 --> 00:29:15,083
Bunty, coa túa forza, miña rula,
podemos mover montañas.
414
00:29:15,083 --> 00:29:16,666
Mac, ti serás o cerebro.
415
00:29:17,666 --> 00:29:21,208
Babs, ti... a nosa especialista en calceta.
416
00:29:22,375 --> 00:29:23,291
Nick e Fetch,
417
00:29:23,291 --> 00:29:26,500
sodes os tunantes máis arteiros
desta beira do val.
418
00:29:27,875 --> 00:29:29,916
- Moi amable.
- Adulona!
419
00:29:29,916 --> 00:29:33,458
E Fowler, coa túa sabedoría e atención...
420
00:29:34,500 --> 00:29:35,541
Fowler?
421
00:29:38,750 --> 00:29:43,125
E logo a segunda vaga de bombardeiros
achégase ao obxectivo
422
00:29:43,125 --> 00:29:45,083
e aí é que cando entro eu.
423
00:29:46,125 --> 00:29:50,375
Mira, Fowler,
a ti ímosche asignar un papel especial.
424
00:29:51,958 --> 00:29:52,791
Xa.
425
00:29:53,291 --> 00:29:55,500
Que che parece... o experto en fuxidas?
426
00:29:55,500 --> 00:29:58,291
O experto en fuxidas?
427
00:29:59,125 --> 00:30:01,250
Parece importante.
428
00:30:01,750 --> 00:30:02,916
Gústame!
429
00:30:02,916 --> 00:30:06,333
Ben. Hai que coller o necesario e bulir.
430
00:30:06,833 --> 00:30:09,375
A saber o mal que o está pasando Molly.
431
00:30:17,166 --> 00:30:18,916
Este sitio é a bomba!
432
00:30:20,416 --> 00:30:23,333
É o lugar máis alucinante do mundo!
433
00:30:23,333 --> 00:30:25,583
Miña nai di iso de onde vivimos.
434
00:30:25,583 --> 00:30:26,541
Érache boa!
435
00:30:26,541 --> 00:30:29,375
Alí hai rúas de nubes de azucre?
436
00:30:29,958 --> 00:30:31,791
Podedes brincar nelas?
437
00:30:31,791 --> 00:30:34,666
Non! Son camiños de terra!
438
00:30:35,208 --> 00:30:38,375
Podedes botar o día
deitados sen facer nada?
439
00:30:38,375 --> 00:30:40,250
Agora que o dis, meu pai pode.
440
00:30:40,250 --> 00:30:43,166
Pois aquí pode facelo todo o mundo.
441
00:30:45,958 --> 00:30:49,208
Oíra falar disto,
pero non sabía que existía de verdade.
442
00:30:49,208 --> 00:30:51,166
Recoiro! Que é?
443
00:30:51,166 --> 00:30:54,000
Un bufete libre!
444
00:30:59,750 --> 00:31:02,291
Máis chulo ca o andar dun pingüín!
445
00:31:02,291 --> 00:31:03,708
Va que si?
446
00:31:10,500 --> 00:31:13,291
Na casa tiña tarefas.
447
00:31:14,541 --> 00:31:17,958
Axudar a Mac coa colleitadora,
a Bunty a apañar cenorias,
448
00:31:18,541 --> 00:31:20,416
a Babs a fiar...
449
00:31:20,416 --> 00:31:22,500
Pero aquí todo é xogar.
450
00:31:25,333 --> 00:31:27,166
E seguir xogando.
451
00:31:29,125 --> 00:31:30,833
Botaranme en falla?
452
00:31:31,333 --> 00:31:34,291
É total, non si?
Podemos facer o que nos pete!
453
00:31:41,125 --> 00:31:42,208
Veña!
454
00:31:51,333 --> 00:31:52,666
Perdón!
455
00:32:29,083 --> 00:32:30,000
Frizzle!
456
00:32:31,291 --> 00:32:34,333
Eu nótolle algo raro a este sitio.
457
00:32:34,333 --> 00:32:35,375
Eu tamén.
458
00:32:39,125 --> 00:32:41,625
Viras algo así algunha vez?
459
00:32:52,958 --> 00:32:55,708
Ai, non! Que pasa aquí?
460
00:32:55,708 --> 00:32:59,291
Non deberías estar aí, número...
461
00:33:00,708 --> 00:33:02,833
Non tes número.
462
00:33:05,958 --> 00:33:08,625
Non queremos polos
que alboroten o galiñeiro.
463
00:33:10,166 --> 00:33:12,500
E moito menos hoxe.
464
00:33:37,208 --> 00:33:39,625
{\an8}LANZAVENTOSAS
465
00:33:44,666 --> 00:33:46,000
Ben, rapaces.
466
00:33:46,500 --> 00:33:47,791
Toca alixeirar.
467
00:33:48,791 --> 00:33:52,041
Non teño gana. Xa alixeirei antes de saír.
468
00:34:30,708 --> 00:34:31,833
Pero que...?
469
00:35:16,166 --> 00:35:17,958
Non, paparón!
470
00:35:17,958 --> 00:35:19,541
Puxéchela ao revés!
471
00:35:19,541 --> 00:35:21,250
Ai, si.
472
00:35:40,083 --> 00:35:41,875
Veña!
473
00:35:52,458 --> 00:35:53,333
Si?
474
00:36:43,625 --> 00:36:44,458
Vamos!
475
00:37:10,916 --> 00:37:13,416
Aterraxe perfecta. Para mostra, un botón.
476
00:37:13,416 --> 00:37:15,250
O botón?
477
00:37:15,250 --> 00:37:16,375
Vale.
478
00:37:21,125 --> 00:37:22,583
Déixame saír!
479
00:37:26,125 --> 00:37:27,125
A cámara!
480
00:37:27,125 --> 00:37:28,291
Cólloa eu.
481
00:38:01,333 --> 00:38:02,916
OLLOS DO PERSOAL
482
00:38:02,916 --> 00:38:04,833
{\an8}QUENDA DE NOITE - GARDA 073
GARDA 074
483
00:38:41,208 --> 00:38:43,458
"O experto en fuxidas", dixo.
484
00:38:45,416 --> 00:38:48,750
Máis ben, taxista de dous ratos.
485
00:38:50,291 --> 00:38:52,625
Moi ben. Aterraxe de manual.
486
00:38:54,416 --> 00:38:56,125
Descanse, soldado.
487
00:38:57,000 --> 00:39:00,125
Débenche pensar
que son moi vello para esta aventura.
488
00:39:00,125 --> 00:39:03,583
Un vello que xa perde a chaveta
e que se distrae á mínima.
489
00:39:05,208 --> 00:39:09,791
Falando diso,
téñoche unha historia ben simpática.
490
00:39:09,791 --> 00:39:12,916
Un día andaba eu distraído por aí...
491
00:39:12,916 --> 00:39:15,041
Vaia, estabamos de manobras, e...
492
00:39:22,958 --> 00:39:24,083
Vale.
493
00:39:24,583 --> 00:39:25,791
Xa estou dentro.
494
00:39:31,333 --> 00:39:33,083
Sácateme de enriba!
495
00:39:34,750 --> 00:39:40,833
Nick, non quero preocuparte,
pero penso que che falou o traseiro.
496
00:39:43,291 --> 00:39:45,208
Rapaces? Que facedes aquí?
497
00:39:45,208 --> 00:39:47,125
- Rocky!
- Rocky!
498
00:39:47,625 --> 00:39:50,125
Viñemos con Ginger. Para te rescatar.
499
00:39:51,083 --> 00:39:52,083
Rescatarme?
500
00:39:52,083 --> 00:39:54,375
Non. Eu son quen rescata.
501
00:39:54,375 --> 00:39:56,583
Non me teñen que rescatar a min.
502
00:39:56,583 --> 00:39:58,708
Eu vou rescatar a Molly.
503
00:40:01,375 --> 00:40:02,583
E que tal che vai?
504
00:40:03,250 --> 00:40:04,125
Home...
505
00:40:05,250 --> 00:40:10,083
Mirade, non mo tomedes a mal,
pero ídesme atrasar.
506
00:40:10,583 --> 00:40:12,125
Eu traballo só.
507
00:40:12,125 --> 00:40:13,166
Ai si?
508
00:40:13,750 --> 00:40:16,333
Si. Son o Campeiro Solitario.
509
00:40:16,333 --> 00:40:18,375
Non? E ando cerca.
510
00:40:18,375 --> 00:40:20,083
Dámo o corpo.
511
00:40:20,083 --> 00:40:21,958
Morno, morno, meus.
512
00:40:23,166 --> 00:40:24,875
Quente, quente, máis ben.
513
00:40:26,541 --> 00:40:27,958
Non ole a polo asado?
514
00:40:36,250 --> 00:40:38,000
Díxenvos que me atrasabades!
515
00:40:56,541 --> 00:40:57,666
Mimá!
516
00:40:58,708 --> 00:41:00,041
Estaba todo planeado.
517
00:41:00,041 --> 00:41:01,083
Ai si?
518
00:41:04,958 --> 00:41:07,250
Vale. Teño que atopar a Molly.
519
00:41:07,250 --> 00:41:09,333
Molly?
520
00:41:09,333 --> 00:41:12,375
Cóutate, meu fillo. Cóutate.
521
00:41:17,500 --> 00:41:18,791
Mira para elas.
522
00:41:19,291 --> 00:41:22,708
É coma se estivesen todas algo... turulecas.
523
00:41:24,833 --> 00:41:26,666
Este sitio non me gusta.
524
00:41:26,666 --> 00:41:30,958
Xa. Non é tan divertido
como parecía no póster, verdade?
525
00:41:31,833 --> 00:41:33,041
Oe, Frizzle.
526
00:41:33,041 --> 00:41:36,250
Se cadra deberiamos pescudar
que está a pasar aquí.
527
00:41:37,541 --> 00:41:40,875
Iso si que ten pinta
de ser unha aventura das boas.
528
00:41:40,875 --> 00:41:43,833
Veña. Imos pescudar.
529
00:42:10,541 --> 00:42:13,333
Acouga, pitiña falcatrueira.
530
00:42:13,333 --> 00:42:17,458
Son o teu amigo polo
é só quero verte contenta.
531
00:42:21,625 --> 00:42:22,791
Frizzle!
532
00:42:31,666 --> 00:42:32,666
Que pasou?
533
00:42:37,416 --> 00:42:38,833
Boas!
534
00:42:41,125 --> 00:42:42,208
Ti quen es?
535
00:42:42,791 --> 00:42:43,916
Que?
536
00:42:43,916 --> 00:42:46,166
Son eu, Molly.
537
00:42:47,500 --> 00:42:49,375
Encantada de coñecerte.
538
00:42:50,166 --> 00:42:52,708
Frizzle, que é isto?
539
00:42:58,708 --> 00:43:00,041
Veña, Frizzle.
540
00:43:00,041 --> 00:43:01,458
Temos que marchar.
541
00:43:05,458 --> 00:43:09,041
Se son máis feliz ca nunca!
542
00:43:25,333 --> 00:43:26,250
Non.
543
00:43:27,416 --> 00:43:28,666
Son grandiña...
544
00:43:32,208 --> 00:43:33,583
e afouta.
545
00:43:35,166 --> 00:43:36,041
Frizzle.
546
00:43:36,041 --> 00:43:39,000
Escoita.
Vou pescudar que está a pasar aquí
547
00:43:39,000 --> 00:43:40,666
e despois volvo.
548
00:43:40,666 --> 00:43:42,291
Prométocho.
549
00:44:17,583 --> 00:44:18,750
Doutor Fry,
550
00:44:18,750 --> 00:44:21,000
chegou o convidado.
551
00:44:22,500 --> 00:44:24,541
Sir Paparotas.
552
00:44:25,541 --> 00:44:26,541
Ben.
553
00:44:26,541 --> 00:44:28,833
Mans á obra!
554
00:44:31,125 --> 00:44:33,416
PAN RELADO
555
00:44:37,791 --> 00:44:40,250
Sir Paparotas. Benvido.
556
00:44:40,750 --> 00:44:43,458
Que honor recibir un cabaleiro do reino.
557
00:44:43,458 --> 00:44:46,250
O de Sir Paparotas é
o nome do restaurante.
558
00:44:46,250 --> 00:44:47,625
Eu chámome...
559
00:45:01,208 --> 00:45:03,166
En Granxas Divertilandia
560
00:45:03,166 --> 00:45:08,208
facemos todo o posible
para que as pitas se sintan coma na casa.
561
00:45:10,375 --> 00:45:14,000
A verdade é
que nunca vira cousa ao paso, doutor Fry.
562
00:45:14,500 --> 00:45:16,625
Cómpre tanta seguridade?
563
00:45:16,625 --> 00:45:17,750
Cómpre, si.
564
00:45:17,750 --> 00:45:18,666
Molly!
565
00:45:18,666 --> 00:45:22,083
É que, tras destas portas, haille segredos
566
00:45:22,083 --> 00:45:25,583
que cambiarán o mundo
da tecnoloxía avícola para sempre.
567
00:45:25,583 --> 00:45:26,666
Vamos!
568
00:45:31,333 --> 00:45:32,375
Non!
569
00:45:37,083 --> 00:45:39,250
Ei! Que facedes aí, cuadrilla?
570
00:45:44,916 --> 00:45:46,458
- Ao ataque!
- Ao ataque!
571
00:45:47,541 --> 00:45:49,625
Isto é un labirinto!
572
00:45:50,125 --> 00:45:52,375
Como vou ser quen de atopar a Molly?
573
00:45:53,541 --> 00:45:54,750
Velaí a vai.
574
00:45:56,958 --> 00:45:58,125
Molly?
575
00:46:00,208 --> 00:46:02,375
Molly!
576
00:46:06,416 --> 00:46:09,458
E como vai o negocio dos restaurantes?
577
00:46:09,458 --> 00:46:11,166
Pois estalle algo parado.
578
00:46:12,625 --> 00:46:15,458
Vaites.
Coido que lle podemos botar unha man.
579
00:46:15,458 --> 00:46:16,791
Molly!
580
00:46:18,666 --> 00:46:20,208
Non!
581
00:46:22,041 --> 00:46:24,416
Molly.
582
00:46:33,083 --> 00:46:34,166
Ginger?
583
00:46:39,000 --> 00:46:40,916
Vale. Alá vou.
584
00:46:41,416 --> 00:46:43,125
E se collemos o ascensor?
585
00:46:45,750 --> 00:46:48,541
Só digo, doutor Fry,
que máis vale que pague...
586
00:46:50,000 --> 00:46:51,375
a pena.
587
00:46:53,000 --> 00:46:57,541
A miña socia virá decontado.
588
00:46:58,083 --> 00:47:03,666
Namentres, imos ver
unha pequena presentación que preparamos.
589
00:47:04,250 --> 00:47:06,208
Por favor, tome asento.
590
00:47:29,000 --> 00:47:31,791
{\an8}GRANXAS DIVERTILANDIA PRESENTA
591
00:47:31,791 --> 00:47:34,416
Velaquí un polo corrente.
592
00:47:34,416 --> 00:47:37,500
Insulso, aburrido e asustadizo.
593
00:47:38,416 --> 00:47:40,416
Coma toda criatura cimprona,
594
00:47:40,416 --> 00:47:42,958
o seu instinto natural ante o procesado
595
00:47:42,958 --> 00:47:45,041
é o medo e o pánico.
596
00:47:48,875 --> 00:47:51,541
Cando ocorre isto, os músculos ténsanse,
597
00:47:51,541 --> 00:47:55,291
o que fai
que os tecidos conxuntivos formen nós.
598
00:47:56,375 --> 00:47:57,500
O resultado?
599
00:47:57,500 --> 00:48:01,583
Carne correúda, seca e sen sabor.
600
00:48:03,083 --> 00:48:06,041
Mamá, a carne está correúda,
seca e sen sabor.
601
00:48:06,041 --> 00:48:07,458
Aborrézote, mamá.
602
00:48:09,875 --> 00:48:10,708
Molly.
603
00:48:10,708 --> 00:48:13,208
Tranquila, nai menosprezada.
604
00:48:13,208 --> 00:48:16,208
E se a ciencia puidese mudar iso?
605
00:48:16,208 --> 00:48:20,625
E se a ciencia puidese alterar
a reacción do polo ante o medo?
606
00:48:22,708 --> 00:48:26,875
E se puidese lograr
que o polo deveza por ser procesado?
607
00:48:28,958 --> 00:48:31,708
Entón diría vostede:
"Así se fai, ciencia!"
608
00:48:34,375 --> 00:48:36,250
Porque un polo feliz...
609
00:48:36,916 --> 00:48:38,791
é un polo saboroso!
610
00:48:46,250 --> 00:48:49,375
É o polo máis rico do mundo mundial!
611
00:48:49,375 --> 00:48:50,750
Quérote, mamá.
612
00:48:50,750 --> 00:48:52,416
Grazas, ciencia.
613
00:48:53,333 --> 00:48:55,416
GRANXAS DIVERTILANDIA
614
00:48:55,416 --> 00:48:56,666
Molly.
615
00:48:58,291 --> 00:49:01,000
Os debuxiños están moi ben, doutor Fry.
616
00:49:01,000 --> 00:49:02,708
Pero serán quen de facelo?
617
00:49:02,708 --> 00:49:04,916
Xa o fixemos.
618
00:49:05,666 --> 00:49:06,916
Esa voz!
619
00:49:26,916 --> 00:49:30,208
Permítame presentarlle a miña dona.
620
00:49:31,791 --> 00:49:35,333
Melisha Tweedy.
621
00:49:37,791 --> 00:49:41,166
Benvido ao futuro.
622
00:49:45,125 --> 00:49:46,250
É ela!
623
00:49:48,875 --> 00:49:52,541
Querida, preséntoche a Sir Paparotas.
624
00:49:52,541 --> 00:49:54,333
Chámome Reginald Smith.
625
00:49:54,333 --> 00:49:58,208
Sir Paparotas é o nome
da cadea de restaurantes.
626
00:50:00,291 --> 00:50:02,041
Ola, Reginald.
627
00:50:02,541 --> 00:50:06,666
Vexo que xa coñece o meu actual marido,
o doutor Fry.
628
00:50:07,500 --> 00:50:11,666
Atraéronme a súa cuantiosa herdanza
e as hectáreas de terreo que posúe?
629
00:50:12,166 --> 00:50:15,458
Non. Seduciume a súa mente.
630
00:50:15,958 --> 00:50:20,666
Probablemente non salte á vista,
pero élle un xenio.
631
00:50:20,666 --> 00:50:22,375
Afágasme, ruliña.
632
00:50:22,375 --> 00:50:26,708
Graduouse en Oxford e Cambridge
en Neuroloxía Clínica,
633
00:50:26,708 --> 00:50:30,541
Psicoloxía Condutista, Enxeñería Xenética...
634
00:50:30,541 --> 00:50:32,750
E Arte Dramático!
635
00:50:37,083 --> 00:50:39,458
Agora que lle serviron o petisco,
636
00:50:39,958 --> 00:50:42,333
pasaremos ao prato principal.
637
00:50:42,833 --> 00:50:43,666
Veña.
638
00:50:48,875 --> 00:50:51,291
Molly, non! Volve!
639
00:50:52,583 --> 00:50:53,833
Soltádeme!
640
00:50:54,500 --> 00:50:56,708
Vale. Busquemos a Molly.
641
00:50:58,416 --> 00:50:59,958
Mirade!
642
00:50:59,958 --> 00:51:02,750
Rocky e os ratos saen pola tele!
643
00:51:02,750 --> 00:51:05,208
E a cousa está emocionante!
644
00:51:05,875 --> 00:51:06,958
Onde andará?
645
00:51:17,833 --> 00:51:19,208
Anda!
646
00:51:20,166 --> 00:51:22,583
Gústalles a atracción das oveiras!
647
00:51:27,708 --> 00:51:28,541
Frizzle.
648
00:51:30,541 --> 00:51:31,375
Mamá?
649
00:51:31,375 --> 00:51:33,000
Ai, bechiño!
650
00:51:33,000 --> 00:51:34,291
- Estás ben?
- Si.
651
00:51:34,291 --> 00:51:36,000
Promete non volver escapar!
652
00:51:36,000 --> 00:51:38,458
- Mancáronte?
- Non, pero coido que...
653
00:51:38,458 --> 00:51:39,708
Veña!
654
00:51:39,708 --> 00:51:40,750
Dálle dunha vez.
655
00:51:40,750 --> 00:51:42,666
Vou, cabaciña.
656
00:51:44,833 --> 00:51:46,708
Velaquí...
657
00:51:46,708 --> 00:51:50,208
o control remoto.
658
00:51:50,750 --> 00:51:55,000
E os outros controis remotos.
659
00:51:55,000 --> 00:51:56,625
Por que tres?
660
00:51:59,750 --> 00:52:01,416
Ninguén o sabe.
661
00:52:02,500 --> 00:52:04,833
Imos probar con...
662
00:52:06,500 --> 00:52:07,541
este.
663
00:52:09,500 --> 00:52:11,375
- Xogo ao golf?
- Onde estou?
664
00:52:11,375 --> 00:52:14,541
- Que fago?
- Molly? Onde andas, Molly?
665
00:52:14,541 --> 00:52:16,375
Que pasa aquí?
666
00:52:16,375 --> 00:52:19,083
Non. Ese non é, meu ben.
667
00:52:19,083 --> 00:52:20,875
Ese é o botón de apagado.
668
00:52:25,458 --> 00:52:26,708
Atentos.
669
00:52:35,750 --> 00:52:37,333
Tocoume!
670
00:52:46,625 --> 00:52:49,208
Gañou o premio!
671
00:52:49,208 --> 00:52:51,416
Ala!
672
00:52:51,416 --> 00:52:54,166
Que chorra!
673
00:53:04,458 --> 00:53:06,333
Non. Para!
674
00:53:07,416 --> 00:53:08,708
Fuxe, pita! Fuxe!
675
00:53:08,708 --> 00:53:10,333
Abur!
676
00:53:13,833 --> 00:53:16,833
Pásao ben!
677
00:53:22,916 --> 00:53:25,166
Mírame e non afastes a vista.
678
00:53:32,291 --> 00:53:33,458
Velaquí...
679
00:53:34,458 --> 00:53:37,541
o nacemento do nugget.
680
00:53:46,875 --> 00:53:48,625
Quérote, mamá.
681
00:53:50,541 --> 00:53:52,000
Ou sexa... está boísimo.
682
00:53:52,583 --> 00:53:53,583
Imaxíneo.
683
00:53:53,583 --> 00:53:56,583
Nas rúas de tódalas cidades,
684
00:53:56,583 --> 00:53:58,250
a xente vai e vén.
685
00:53:58,250 --> 00:54:01,125
Xente moderna nun mundo moderno.
686
00:54:01,125 --> 00:54:04,041
Queren comida, e quérena rápido.
687
00:54:04,041 --> 00:54:08,291
E nós ímosllela dar, a caldeiros!
688
00:54:11,750 --> 00:54:15,666
Comida rápida.
Gústame. Pode ser bo negocio.
689
00:54:16,208 --> 00:54:18,916
Non. Será boísimo.
690
00:54:18,916 --> 00:54:22,291
E Melisha Tweedy cobrará a súa vinganza.
691
00:54:26,958 --> 00:54:28,125
Vinganza?
692
00:54:29,458 --> 00:54:32,125
Ganancia, quero dicir.
693
00:54:32,625 --> 00:54:36,833
Mañá a primeira hora mandarei un camión
para levar o primeiro frete.
694
00:54:37,333 --> 00:54:41,000
Cos meus nuggets
e a súa cadea de restaurantes,
695
00:54:41,000 --> 00:54:44,916
a nosa colaboración será moi produtiva.
696
00:54:48,916 --> 00:54:51,708
Acompáñoo ao coche, excelencia?
697
00:54:52,875 --> 00:54:55,083
Vamos. Hai que liscar de aquí.
698
00:54:55,083 --> 00:54:57,541
Agarda. Non podemos marchar sen Frizzle.
699
00:54:57,541 --> 00:55:00,125
Frizzle? Quen é Frizzle?
700
00:55:00,125 --> 00:55:03,875
Unha amiga. Non podo abandonala.
Prometinlle que volvería.
701
00:55:03,875 --> 00:55:06,166
Por favor, Molly. Non o entendes.
702
00:55:06,166 --> 00:55:08,583
Xa viches o que pasa. Vai morrer!
703
00:55:08,583 --> 00:55:11,708
E como non lisquemos xa,
nós tamén imos morrer.
704
00:55:11,708 --> 00:55:13,791
Tanto me ten! Non a deixarei aquí.
705
00:55:13,791 --> 00:55:15,000
Es moi nova
706
00:55:15,000 --> 00:55:17,708
e non tes nin idea
de a quen ten enfrontas!
707
00:55:23,375 --> 00:55:24,333
Aburiño!
708
00:55:25,250 --> 00:55:26,375
Ti!
709
00:55:34,458 --> 00:55:35,625
Ven aquí!
710
00:55:48,083 --> 00:55:51,916
Mira ti. A artistiña da evasión.
711
00:55:52,916 --> 00:55:54,500
Non me vas chafar o plan.
712
00:55:54,500 --> 00:55:55,416
Desta vez non.
713
00:55:56,333 --> 00:55:58,458
Volve decontado, doutor.
714
00:55:58,458 --> 00:56:00,333
E trae un colar.
715
00:56:00,333 --> 00:56:03,333
Temos unha hóspede coa que non contabamos.
716
00:56:11,500 --> 00:56:12,458
Para.
717
00:56:13,000 --> 00:56:15,125
Acabas con nós, meu.
718
00:56:15,125 --> 00:56:16,750
Non estaba tan moído
719
00:56:16,750 --> 00:56:20,125
dende que probei
aquela roda para hámsteres.
720
00:56:20,125 --> 00:56:22,416
- Velaí estás!
- Escoitade.
721
00:56:22,416 --> 00:56:27,583
A pita falcatrueira e endemoñada
que escapou da Granxa Tweedy
722
00:56:27,583 --> 00:56:30,333
e que me arruinou a vida.
723
00:56:31,500 --> 00:56:34,250
Que demo de sitio é este?
724
00:56:35,041 --> 00:56:37,208
Molly, onde estás?
725
00:56:48,416 --> 00:56:50,541
Desfixo o calcetado!
726
00:56:51,875 --> 00:56:52,833
Correde!
727
00:56:56,250 --> 00:56:59,291
Deiche todo
o que unha galiña pode desexar.
728
00:56:59,291 --> 00:57:00,708
Un galiñeiro quentiño,
729
00:57:00,708 --> 00:57:03,208
comida a fartar,
730
00:57:03,791 --> 00:57:06,416
pero non estabas contenta.
731
00:57:07,208 --> 00:57:09,916
Pois xa verás o contenta que te vas poñer.
732
00:57:17,875 --> 00:57:18,875
Mamá!
733
00:57:20,125 --> 00:57:21,375
Teño que entrar aí!
734
00:57:22,125 --> 00:57:23,541
Teño unha idea!
735
00:57:23,541 --> 00:57:27,125
- Es o Campeiro Solitario, non si?
- Son.
736
00:57:27,125 --> 00:57:29,708
Saías disparado dun canón, non?
737
00:57:29,708 --> 00:57:31,583
Exacta... Por que o dis?
738
00:57:35,541 --> 00:57:38,208
Non funciona. Dálle máis potencia!
739
00:57:38,208 --> 00:57:40,083
O equipo está ben, cariño.
740
00:57:40,083 --> 00:57:43,833
Pero nunca vira unha galiña
con tal forza de vontade!
741
00:57:44,791 --> 00:57:46,583
Se eu che contase...
742
00:57:46,583 --> 00:57:49,833
Sube a potencia ao máximo.
743
00:57:49,833 --> 00:57:51,083
Ao máximo?
744
00:57:51,083 --> 00:57:52,958
Nunca tal fixemos!
745
00:57:53,541 --> 00:57:56,041
Teño que facelo todo eu?
746
00:57:56,541 --> 00:58:00,625
Maridos e galiñas,
a cruz que me tocou na vida!
747
00:58:23,541 --> 00:58:24,750
Fixo que funcionará?
748
00:58:24,750 --> 00:58:28,958
Abofé.
Os cables non teñen segredos para Fetch.
749
00:58:29,875 --> 00:58:32,625
Xa roía neles antes de aprender a andar.
750
00:58:33,125 --> 00:58:35,500
- Listo!
- Bo traballo, rapaces.
751
00:58:35,500 --> 00:58:37,041
Estou listo para voar.
752
00:58:37,041 --> 00:58:38,666
Adeus, meu!
753
00:58:38,666 --> 00:58:40,791
Ou, mellor dito, au revoir.
754
00:58:41,291 --> 00:58:43,833
Vai ser un adeus, penso eu.
755
00:59:01,125 --> 00:59:02,041
Veña.
756
00:59:06,250 --> 00:59:07,250
Vamos, mamá.
757
00:59:07,250 --> 00:59:09,625
Mamá? Quen é mamá?
758
00:59:09,625 --> 00:59:13,083
Ti! E temos que liscar de aquí.
759
00:59:13,083 --> 00:59:14,250
E logo?
760
00:59:14,250 --> 00:59:16,208
A min encántame isto.
761
00:59:16,208 --> 00:59:18,541
Son moi feliz.
762
00:59:19,041 --> 00:59:20,833
Non!
763
00:59:26,541 --> 00:59:27,375
Papá?
764
00:59:28,166 --> 00:59:29,000
Molly.
765
00:59:37,625 --> 00:59:38,916
Moi ben.
766
00:59:52,041 --> 00:59:54,041
Baila que dá xenio velo!
767
00:59:58,916 --> 01:00:00,666
Mamá! Quieta!
768
01:00:02,958 --> 01:00:04,916
Non sabemos voar, somos polos!
769
01:00:10,791 --> 01:00:11,625
Collédeo!
770
01:00:11,625 --> 01:00:13,208
- Ven aquí!
- Alto!
771
01:00:17,833 --> 01:00:18,791
A por el!
772
01:00:29,791 --> 01:00:33,291
Atopade esas galiñas!
773
01:00:35,333 --> 01:00:40,958
Son f-e-l-i-z!
774
01:00:40,958 --> 01:00:43,916
Sei que o son! Abofé que o son!
775
01:00:43,916 --> 01:00:46,958
Son f-e-l-i-z!
776
01:00:46,958 --> 01:00:49,708
- Veña!
- Cala, mamá. Non podemos berrar.
777
01:00:49,708 --> 01:00:52,000
Pero quero cantar!
778
01:00:52,541 --> 01:00:53,916
Sígueme.
779
01:00:53,916 --> 01:00:55,291
Bárbaro!
780
01:00:55,291 --> 01:00:57,125
Marchamos de vacacións?
781
01:00:57,125 --> 01:01:00,791
Non. Imos buscar a Frizzle e a papá
e saír de aquí.
782
01:01:00,791 --> 01:01:02,250
E logo por que?
783
01:01:04,000 --> 01:01:05,625
Porque o digo eu!
784
01:01:06,291 --> 01:01:09,625
Ti non mandas en min.
785
01:01:10,916 --> 01:01:12,583
Estoume vendo as patiñas.
786
01:01:12,583 --> 01:01:13,750
Onde están?
787
01:01:13,750 --> 01:01:15,291
- Vamos, mamá.
- Bulide!
788
01:01:15,291 --> 01:01:17,833
- Por aquí!
- Aloha!
789
01:01:20,833 --> 01:01:21,708
Agardade!
790
01:01:21,708 --> 01:01:24,708
Arreade! Temos que apurar!
791
01:01:30,291 --> 01:01:33,166
Ginger! Menos mal que escapaches!
792
01:01:33,875 --> 01:01:36,458
Que forte volvernos enfrontar á bruxa esa!
793
01:01:36,458 --> 01:01:39,750
Que? Se a señora Tweedy é
riquiña coma ela soa!
794
01:01:39,750 --> 01:01:41,375
- Adóroa.
- Bunty.
795
01:01:41,375 --> 01:01:43,458
- Mac. É polo colar.
- É un amor!
796
01:01:43,458 --> 01:01:45,625
- Di cousas sen xeito.
- É a mellor.
797
01:01:45,625 --> 01:01:46,833
- Molly!
- Molly!
798
01:01:50,375 --> 01:01:52,208
Aloha!
799
01:02:04,208 --> 01:02:06,000
- Fulminámolo!
- Tío Nick?
800
01:02:06,000 --> 01:02:07,458
Tío Fetch!
801
01:02:07,458 --> 01:02:09,291
Como destes con nós?
802
01:02:09,291 --> 01:02:12,166
- Caemos polo conduto do...
- Foi o amor, Molly.
803
01:02:12,166 --> 01:02:13,375
Guiounos o amor.
804
01:02:13,958 --> 01:02:15,166
Alá vou!
805
01:02:16,708 --> 01:02:17,875
- Aloha!
- Ginger!
806
01:02:17,875 --> 01:02:19,083
Mamá!
807
01:02:23,500 --> 01:02:26,125
Son f-e-l-i-z.
808
01:02:26,125 --> 01:02:27,500
Sei que o son.
809
01:02:27,500 --> 01:02:29,458
- Abofé que o son.
- Non abre.
810
01:02:29,458 --> 01:02:31,791
- Son f-e-l-i-z.
- Que tes no bolso?
811
01:02:31,791 --> 01:02:33,875
Pouca cousa, a verdade.
812
01:02:35,666 --> 01:02:36,625
Estupendo!
813
01:02:36,625 --> 01:02:37,875
O que precisamos!
814
01:02:40,708 --> 01:02:41,833
Que cóxegas!
815
01:02:52,125 --> 01:02:55,750
É coma unha lata de galletas xigante.
816
01:02:56,333 --> 01:02:57,875
Pero sen galletas.
817
01:02:57,875 --> 01:02:59,458
Perdín as lentes.
818
01:02:59,458 --> 01:03:01,666
Non vexo un burro a tres pasos.
819
01:03:03,250 --> 01:03:04,291
Mamá?
820
01:03:05,291 --> 01:03:06,291
Mamá!
821
01:03:13,250 --> 01:03:14,291
Molly?
822
01:03:15,041 --> 01:03:16,375
Estás ben!
823
01:03:17,166 --> 01:03:18,458
Ai, Molly!
824
01:03:20,208 --> 01:03:21,416
Que pasou?
825
01:03:21,916 --> 01:03:22,875
Onde estamos?
826
01:03:23,750 --> 01:03:26,291
Non che sei, pero non hai saída.
827
01:03:27,708 --> 01:03:29,541
Sempre hai saída.
828
01:03:30,916 --> 01:03:31,875
E Rocky?
829
01:03:31,875 --> 01:03:33,708
Vino na sala grande.
830
01:03:34,291 --> 01:03:35,541
Salvounos.
831
01:03:36,166 --> 01:03:37,000
Si?
832
01:03:48,833 --> 01:03:51,708
Veña! Desta vai!
833
01:03:51,708 --> 01:03:54,666
Non vou dar aguantado moito máis.
834
01:03:54,666 --> 01:03:56,500
Fetcher, bule!
835
01:03:56,500 --> 01:03:59,041
Agárrate a un saínte ou a unha regaña.
836
01:03:59,041 --> 01:04:00,083
Entendido.
837
01:04:01,333 --> 01:04:02,500
A esa regaña non!
838
01:04:09,458 --> 01:04:11,750
Afrontémolo, parrula.
839
01:04:12,250 --> 01:04:14,291
Cómpre un milagre para saírmos.
840
01:04:14,291 --> 01:04:15,458
Ei!
841
01:04:15,458 --> 01:04:16,875
Hai alguén aí abaixo?
842
01:04:16,875 --> 01:04:18,041
- Papá!
- Rocky!
843
01:04:19,000 --> 01:04:22,041
Non lle digas que el é o milagre.
Calquera o atura!
844
01:04:22,041 --> 01:04:24,166
Rocky ao rescate!
845
01:04:24,166 --> 01:04:26,500
- Non! Non saltes!
- Non saltes!
846
01:04:26,500 --> 01:04:28,416
Como? Que dicides?
847
01:04:28,416 --> 01:04:31,208
Non vos escoito! Agardade, que baixo.
848
01:04:31,208 --> 01:04:32,458
Non saltes!
849
01:04:39,208 --> 01:04:40,708
Aperta familiar!
850
01:04:40,708 --> 01:04:42,625
Canto vos estrañei!
851
01:04:42,625 --> 01:04:46,541
Veña! Saiamos deste antro
e vaiamos para a casa.
852
01:04:54,708 --> 01:04:56,291
Esa é a saída, non é?
853
01:04:59,500 --> 01:05:01,125
Síntoo moito.
854
01:05:10,125 --> 01:05:12,583
Molly, que tes?
855
01:05:12,583 --> 01:05:14,333
É todo culpa miña.
856
01:05:14,833 --> 01:05:18,666
Debinvos facer caso e obedecervos.
857
01:05:18,666 --> 01:05:20,958
Mirade que desfeita.
858
01:05:25,750 --> 01:05:29,208
Ei! Onde vai
a miña nena grandiña e afouta?
859
01:05:30,083 --> 01:05:31,791
Esa nena é parva.
860
01:05:32,708 --> 01:05:34,000
Tiñas razón.
861
01:05:34,000 --> 01:05:38,708
Se conseguimos volver á casa,
non penso moverme de alí... na vida.
862
01:05:39,208 --> 01:05:40,958
Non, Molly.
863
01:05:41,458 --> 01:05:42,791
A culpa é miña.
864
01:05:43,291 --> 01:05:48,958
Fixen mal en contarche
a parvada esa do Campeiro Solitario.
865
01:05:50,458 --> 01:05:52,916
Non. A culpa é miña.
866
01:05:54,041 --> 01:05:55,958
Sempre odiei estar encerrada.
867
01:05:56,625 --> 01:05:59,083
Como puiden pensar que ti non o odiarías?
868
01:06:00,250 --> 01:06:02,875
Será que me asustaba
canto te pareces a min.
869
01:06:04,083 --> 01:06:06,333
Que ten de malo que me pareza a ti?
870
01:06:11,958 --> 01:06:15,791
Nada. Porque túa nai é a mellor.
871
01:06:16,333 --> 01:06:19,083
E sempre ten un plan.
872
01:06:20,750 --> 01:06:22,041
Desta volta, non.
873
01:06:24,541 --> 01:06:25,583
Xa chegou.
874
01:06:27,625 --> 01:06:29,708
Todo listo para fritir, Fry?
875
01:06:29,708 --> 01:06:31,375
Cinco minutos, cabaciña.
876
01:06:31,375 --> 01:06:33,125
Que sexan catro.
877
01:06:33,625 --> 01:06:35,416
Onde andará esa pita?
878
01:06:36,666 --> 01:06:41,083
As galiñas fuxitivas...
Metéronse nun silo de millo.
879
01:06:41,666 --> 01:06:43,708
No silo, dis?
880
01:06:44,208 --> 01:06:47,166
Bárbaro! Vou recibir o noso convidado.
881
01:06:47,166 --> 01:06:49,416
A produción comeza en tres minutos.
882
01:06:49,416 --> 01:06:50,458
Tres?
883
01:06:50,958 --> 01:06:55,041
Coido que xa non ides cacarexar
moito máis, pitiñas.
884
01:06:55,041 --> 01:06:56,750
TRITURADORA
SILO DE MILLO
885
01:07:11,208 --> 01:07:13,666
Creo que hai unha trituradora no fondo!
886
01:07:13,666 --> 01:07:16,625
O bo é que seguramente afoguemos
887
01:07:16,625 --> 01:07:18,666
antes de que nos faga anaquiños.
888
01:07:18,666 --> 01:07:20,083
Agardade.
889
01:07:20,583 --> 01:07:21,916
Flocos de millo.
890
01:07:22,416 --> 01:07:24,791
Flocos de millo, rapaces! Mirade!
891
01:07:25,291 --> 01:07:28,250
Rocky, non é momento para...
892
01:07:33,833 --> 01:07:36,583
A solución a todos os problemas da vida!
893
01:07:36,583 --> 01:07:37,708
Claro!
894
01:07:37,708 --> 01:07:39,916
Mac, precisamos calor.
895
01:07:39,916 --> 01:07:40,916
Moita calor.
896
01:07:42,375 --> 01:07:43,833
Serve isto?
897
01:07:44,708 --> 01:07:45,708
Perfecto!
898
01:07:47,375 --> 01:07:48,541
Quen ten un misto?
899
01:07:48,541 --> 01:07:51,000
Ti estás tolo perdido!
900
01:07:51,000 --> 01:07:52,875
Imos esbourar coma castañas!
901
01:07:56,541 --> 01:07:59,625
Ademais, non nos queda ningún.
902
01:08:00,875 --> 01:08:02,375
Non!
903
01:08:12,166 --> 01:08:13,375
Aí, miña nena!
904
01:08:16,625 --> 01:08:20,041
Pódovos lembrar
que temo polas nosas vidas?
905
01:08:20,625 --> 01:08:21,458
E logo?
906
01:08:36,750 --> 01:08:38,541
Estache ben boa!
907
01:08:38,541 --> 01:08:40,166
Hai máis?
908
01:08:50,833 --> 01:08:52,125
E non o vas crer!
909
01:08:52,125 --> 01:08:55,916
Cando o demo de Charlie cría
que xa iamos para a casa,
910
01:08:55,916 --> 01:08:58,291
o inimigo abriu fogo ás seis en punto.
911
01:08:59,250 --> 01:09:01,791
Deus santo! Choven flocos de millo?
912
01:09:01,791 --> 01:09:03,791
Cousas do clima británico!
913
01:09:03,791 --> 01:09:04,958
Imprevisible.
914
01:09:04,958 --> 01:09:06,583
Non hai quen o entenda.
915
01:09:09,083 --> 01:09:11,000
Intolerable!
916
01:09:22,125 --> 01:09:24,125
- Si, señor!
- Conseguímolo!
917
01:09:24,125 --> 01:09:25,458
Mirade!
918
01:09:25,958 --> 01:09:29,750
O bo de Fowler xa preparou
a ruta para fuxirmos!
919
01:09:31,041 --> 01:09:34,375
Así se fai, pillabán!
920
01:09:34,375 --> 01:09:36,791
Cunha aperta de mans abonda, grazas.
921
01:09:37,833 --> 01:09:41,708
Misión cumprida!
Vámonos desta casa de tolos.
922
01:09:42,208 --> 01:09:43,208
Si!
923
01:09:45,500 --> 01:09:46,666
Mira, Nick.
924
01:09:47,583 --> 01:09:49,333
Temos petiscos para o camiño?
925
01:10:03,541 --> 01:10:05,250
Ben. Adiante.
926
01:10:13,250 --> 01:10:15,250
Ginger, vés ou que?
927
01:10:17,166 --> 01:10:18,375
Non, non vou.
928
01:10:20,166 --> 01:10:21,291
Vou volver entrar.
929
01:10:25,166 --> 01:10:26,333
Buscar a Frizzle?
930
01:10:28,000 --> 01:10:31,250
A Frizzle... e a todas as galiñas.
931
01:10:33,750 --> 01:10:34,916
Ben!
932
01:10:38,958 --> 01:10:44,375
Aínda que vivamos nun lugar illado,
non podemos vivir alleos ao que pasa fóra.
933
01:10:47,833 --> 01:10:49,833
Ningunha galiña é unha illa.
934
01:10:53,375 --> 01:10:55,166
Vou contigo, Ginger.
935
01:10:55,166 --> 01:10:57,125
Si, señora. Eu tamén.
936
01:10:57,125 --> 01:10:58,583
E eu.
937
01:10:58,583 --> 01:10:59,708
Conta cos ratos.
938
01:11:01,041 --> 01:11:02,833
Ben. Cal é o plan, mamá?
939
01:11:04,875 --> 01:11:08,541
Pois non pensaba que...
940
01:11:09,666 --> 01:11:10,583
Rocky.
941
01:11:11,083 --> 01:11:15,750
Oe, Molly.
Seguro que estás lista para isto?
942
01:11:15,750 --> 01:11:18,125
Dende que saín da casca, papá.
943
01:11:20,000 --> 01:11:21,666
É cuspidiña a min.
944
01:11:32,375 --> 01:11:36,041
Doutor Fry,
que foi o ruído ese no tellado?
945
01:11:36,833 --> 01:11:38,041
Coma unha explosión.
946
01:11:39,166 --> 01:11:42,041
{\an8}Coido que rebentou a tapa dun dos silos.
947
01:11:43,541 --> 01:11:47,500
Se cadra foi por pasar eses polos
pola trituradora, meu ben.
948
01:11:47,500 --> 01:11:49,208
Non sexas paspán.
949
01:11:49,208 --> 01:11:52,500
Melisha, todo listo para o gran día?
950
01:11:54,458 --> 01:11:56,333
Abofé que si, Reginald.
951
01:11:56,333 --> 01:11:58,208
Todo preparadiño.
952
01:11:58,208 --> 01:12:01,041
Bárbaro! O camión está listo.
953
01:12:01,041 --> 01:12:02,875
Hai que bulir.
954
01:12:02,875 --> 01:12:05,166
Mentres Tweedy está aí entretida,
955
01:12:05,166 --> 01:12:07,250
nós volvémonos coar dentro.
956
01:12:07,250 --> 01:12:10,916
Molly, ti leva a Bunty,
a Babs e a Mac xunta as galiñas.
957
01:12:10,916 --> 01:12:12,083
Vamos.
958
01:12:12,583 --> 01:12:13,541
Por aquí.
959
01:12:14,458 --> 01:12:19,666
Que non vos vexan.
Impedide que as pitan suban a escaleira.
960
01:12:20,166 --> 01:12:22,833
Rocky, nós imos buscar o mando
961
01:12:23,958 --> 01:12:25,541
e desactivar os colares.
962
01:12:26,333 --> 01:12:28,125
Unha vez que os desactivemos,
963
01:12:28,125 --> 01:12:31,083
o equipo de Molly sacará
as galiñas de alí.
964
01:12:31,750 --> 01:12:32,958
Botámonos fóra...
965
01:12:34,791 --> 01:12:36,208
roubamos o camión
966
01:12:36,208 --> 01:12:37,958
e xa está.
967
01:12:38,458 --> 01:12:40,208
Pois a que agardamos?
968
01:12:40,208 --> 01:12:43,375
- Arreando.
- Veña, que é para hoxe.
969
01:12:44,125 --> 01:12:46,291
Por onde ía? Ai, si.
970
01:12:46,291 --> 01:12:48,666
Charlie perdera o tren de aterraxe
971
01:12:48,666 --> 01:12:51,458
e a carraca aquela comezou a arder...
972
01:12:53,541 --> 01:12:57,583
Por certo, Melisha,
tróuxenche algo para celebrar o gran día.
973
01:12:58,375 --> 01:13:02,500
Vaites, Reginald. É algo repentino...
974
01:13:05,041 --> 01:13:06,041
Ketchup?
975
01:13:06,041 --> 01:13:07,583
Non.
976
01:13:07,583 --> 01:13:09,666
Algo totalmente novo.
977
01:13:10,166 --> 01:13:12,833
Eu chámolle "o mollo".
978
01:13:17,541 --> 01:13:19,666
É... doce.
979
01:13:19,666 --> 01:13:22,125
E agre.
980
01:13:22,125 --> 01:13:25,041
Así somos todos, non é, Reginald?
981
01:13:25,041 --> 01:13:26,500
Doutor Fry?
982
01:13:29,458 --> 01:13:31,041
Si, cousiña?
983
01:13:31,041 --> 01:13:33,708
Di as palabras que devezo por escoitar.
984
01:13:33,708 --> 01:13:36,000
Dálle xa, babeco!
985
01:13:40,541 --> 01:13:42,708
TODAS AS GALIÑAS
986
01:13:49,833 --> 01:13:53,583
O galo bailadeiro! E mais a galiña rubia!
987
01:13:54,250 --> 01:13:57,333
Recoiro! Á miña muller
non lle vai chistar nadiña.
988
01:13:57,833 --> 01:14:01,791
Vinde aquí, pitas falcatrueiras!
989
01:14:13,833 --> 01:14:14,666
Contra!
990
01:14:14,666 --> 01:14:17,541
Deica nunca, cara de ovo!
991
01:14:17,541 --> 01:14:18,458
Píllalo?
992
01:14:18,458 --> 01:14:21,000
Doutor Fry, que pasa aí arriba?
993
01:14:21,583 --> 01:14:22,708
Bule. Vamos.
994
01:14:23,291 --> 01:14:26,041
Doutor Fry!
995
01:14:26,041 --> 01:14:27,833
- Ola?
- Doutor Fry!
996
01:14:27,833 --> 01:14:29,875
- Hai alguén aí?
- Doutor Fry!
997
01:14:30,666 --> 01:14:31,875
Doutor Fry!
998
01:14:31,875 --> 01:14:33,333
Onde están os nuggets?
999
01:14:33,333 --> 01:14:38,041
Mi madriña!
Este inútil non vale nin para caldo de...
1000
01:14:41,875 --> 01:14:43,291
galiña!
1001
01:14:59,583 --> 01:15:02,375
Imos facer uns nuggets.
1002
01:15:02,375 --> 01:15:03,625
Ai, non!
1003
01:15:14,625 --> 01:15:17,083
Isto cheira mal, Mac.
1004
01:15:22,000 --> 01:15:24,500
Ai, Frizzle. Onde estás?
1005
01:15:25,625 --> 01:15:26,833
Tócame!
1006
01:15:27,333 --> 01:15:28,583
Abur!
1007
01:15:29,083 --> 01:15:30,541
Frizzle!
1008
01:15:32,333 --> 01:15:34,250
Que bonitiño é o sol...
1009
01:15:34,250 --> 01:15:36,458
- Non! Para!
- Terma dela.
1010
01:15:40,541 --> 01:15:41,583
Mac, apura!
1011
01:15:48,833 --> 01:15:50,875
Xa o teño!
1012
01:15:51,625 --> 01:15:53,333
Xa non o teño!
1013
01:15:54,000 --> 01:15:54,833
Rocky!
1014
01:16:08,791 --> 01:16:10,708
Veña, Ginger!
1015
01:16:17,083 --> 01:16:21,291
Marchamos de vacacións de verán.
1016
01:16:21,291 --> 01:16:23,541
Folgaremos unha semaniña ou dúas.
1017
01:16:23,541 --> 01:16:26,791
Veña, rulas! Que marchamos de vacacións!
1018
01:16:26,791 --> 01:16:28,250
Non, Babs!
1019
01:16:28,250 --> 01:16:30,958
Vanas converter a todas en nuggets.
1020
01:16:35,416 --> 01:16:38,458
Imos a un lugar onde quenta o sol.
1021
01:16:38,458 --> 01:16:39,916
Agora non, meu.
1022
01:16:44,458 --> 01:16:45,750
Por favor, Mac! Bule!
1023
01:16:45,750 --> 01:16:46,875
Case está.
1024
01:16:46,875 --> 01:16:50,541
Teño que trebellar un pouco máis e...
1025
01:16:52,916 --> 01:16:55,916
Que pasou? Que fan?
1026
01:16:55,916 --> 01:16:58,083
Frizzle, isto non é o paraíso.
1027
01:16:58,083 --> 01:17:01,416
Métente no caldeiro
cando te pican e te cociñan.
1028
01:17:05,166 --> 01:17:07,250
E volviches por min?
1029
01:17:07,250 --> 01:17:08,833
Pois claro.
1030
01:17:09,333 --> 01:17:12,250
Ti e mais eu, rula, sempre xuntas.
1031
01:17:12,833 --> 01:17:15,250
Hora de marchar!
1032
01:17:18,833 --> 01:17:22,000
Tentade empurralas!
1033
01:17:23,541 --> 01:17:25,208
Son unha chea delas!
1034
01:17:25,708 --> 01:17:28,333
É unha das actividades das vacacións?
1035
01:17:59,375 --> 01:18:00,541
Mamá!
1036
01:18:08,291 --> 01:18:09,125
Ginger!
1037
01:18:16,916 --> 01:18:17,875
Mira!
1038
01:18:17,875 --> 01:18:20,250
Velaí van os caldeiros!
1039
01:18:22,625 --> 01:18:23,875
O botón!
1040
01:18:25,875 --> 01:18:26,958
Claro!
1041
01:18:26,958 --> 01:18:29,416
Frizzle, sube a cabalo de Bunty.
1042
01:18:29,416 --> 01:18:30,416
Que?
1043
01:18:31,166 --> 01:18:32,375
Ti faime caso.
1044
01:18:32,375 --> 01:18:34,625
Arriba!
1045
01:18:42,583 --> 01:18:43,833
Mallado, Molly!
1046
01:18:43,833 --> 01:18:45,083
Moi ben, Molly!
1047
01:19:04,875 --> 01:19:05,958
Molly?
1048
01:19:06,708 --> 01:19:08,541
Tranquilo, papá. Axuda a mamá.
1049
01:19:21,791 --> 01:19:22,625
Coidado!
1050
01:19:29,750 --> 01:19:32,250
Que temos aquí?
1051
01:19:32,250 --> 01:19:34,125
Unha coma ti en pequerrecho.
1052
01:19:34,125 --> 01:19:35,791
Mamá, toma!
1053
01:19:38,708 --> 01:19:40,541
Van caer, mamá!
1054
01:19:46,666 --> 01:19:48,666
Ginger, non as damos parado!
1055
01:19:56,458 --> 01:19:59,125
Non podes agardar, mamá. Preme o botón!
1056
01:20:09,541 --> 01:20:10,875
Ás veces...
1057
01:20:13,000 --> 01:20:14,666
hai que arriscarse.
1058
01:20:20,125 --> 01:20:21,125
Non!
1059
01:20:21,125 --> 01:20:24,833
Quiquiriquí!
1060
01:20:37,250 --> 01:20:39,125
Non!
1061
01:20:48,375 --> 01:20:49,416
Ginger!
1062
01:20:57,125 --> 01:20:59,416
Xa vos teño.
1063
01:20:59,416 --> 01:21:00,625
Vaites, vaites.
1064
01:21:02,375 --> 01:21:07,083
Paréceme que vós os tres
ben enchedes un caldeiro.
1065
01:21:14,250 --> 01:21:15,625
Aburiño!
1066
01:21:15,625 --> 01:21:16,833
Outra vez.
1067
01:21:32,000 --> 01:21:35,625
PERIGO
GALIÑA GRANDE
1068
01:21:40,166 --> 01:21:41,125
Vamos!
1069
01:21:42,750 --> 01:21:44,458
Por que tardan tanto?
1070
01:21:44,458 --> 01:21:46,708
Non é precisamente comida rápida.
1071
01:21:51,291 --> 01:21:53,291
Que raro. Parece coma unha...
1072
01:21:54,125 --> 01:21:55,375
desbandada!
1073
01:21:55,375 --> 01:21:57,500
- Bulide!
- Ritmo nesas patas!
1074
01:21:57,500 --> 01:21:59,166
- Veña, rápido!
- Vamos!
1075
01:22:01,791 --> 01:22:03,958
Seguro que sabes como vai isto?
1076
01:22:03,958 --> 01:22:07,791
Sei, home! Andar, parar... e un de reposto?
1077
01:22:07,791 --> 01:22:09,541
Bulide! Hai que marchar!
1078
01:22:09,541 --> 01:22:10,958
A toda máquina!
1079
01:22:13,541 --> 01:22:14,583
Non é por aí!
1080
01:22:14,583 --> 01:22:15,958
Que puxeches?
1081
01:22:15,958 --> 01:22:17,958
Vou de estilo informal.
1082
01:22:26,791 --> 01:22:27,958
A ver!
1083
01:22:27,958 --> 01:22:31,625
Que casa de tolos é esta?
1084
01:22:33,833 --> 01:22:35,500
Melisha?
1085
01:22:36,000 --> 01:22:38,291
Que fas disfrazada de nugget?
1086
01:22:44,875 --> 01:22:46,166
Velaí está a saída!
1087
01:22:51,791 --> 01:22:52,958
Botádea de aí!
1088
01:22:59,166 --> 01:23:00,583
CONTROL DE PONTE
1089
01:23:08,625 --> 01:23:10,708
Cacho caldeiro van necesitar!
1090
01:23:16,500 --> 01:23:23,083
Calzos fóra!
1091
01:23:42,208 --> 01:23:47,208
Instrutor Fowler, división de fugas,
listo para o servizo.
1092
01:23:47,208 --> 01:23:49,708
{\an8}Que sería de nós sen ti, Fowler?
1093
01:23:51,916 --> 01:23:53,833
Cariño!
1094
01:23:55,791 --> 01:23:57,166
Cariño.
1095
01:23:57,166 --> 01:24:00,416
A máquina está a quecer de máis.
1096
01:24:08,916 --> 01:24:11,583
Cabaciña, ten tino cos...
1097
01:24:20,791 --> 01:24:22,541
- Contra!
- Que?
1098
01:24:22,541 --> 01:24:24,833
Quedoume o paraugas aló.
1099
01:24:51,250 --> 01:24:56,791
O mellor de ir de vacacións
é volver á casa, non si?
1100
01:24:58,125 --> 01:25:00,583
Abofé que si, Babs.
1101
01:25:02,500 --> 01:25:03,666
Amañado!
1102
01:25:03,666 --> 01:25:05,333
Tiña un parafuso frouxo.
1103
01:25:11,000 --> 01:25:14,708
Que ben ter uns caldeiros
para cando apetece petiscar algo.
1104
01:25:14,708 --> 01:25:16,458
Hai de sobra para todos!
1105
01:25:17,250 --> 01:25:19,625
Disque isto fai a un feliz e parvo.
1106
01:25:19,625 --> 01:25:21,833
Si, xa o noto.
1107
01:25:23,208 --> 01:25:24,708
Manda truco!
1108
01:25:24,708 --> 01:25:27,291
Meu, que aínda non o prendín.
1109
01:25:30,333 --> 01:25:34,541
Pois parece que xa temos o final feliz.
1110
01:25:35,666 --> 01:25:38,125
Mellor chamalo o comezo feliz.
1111
01:25:44,166 --> 01:25:46,875
Sarxenta Molly preséntase
tras o recoñecemento.
1112
01:25:46,875 --> 01:25:48,875
Granxa avícola, campo norte.
1113
01:25:48,875 --> 01:25:51,041
Trinta aves por caixa.
1114
01:25:51,041 --> 01:25:52,708
Coitadas pitiñas!
1115
01:25:56,083 --> 01:25:57,250
Atendede.
1116
01:26:02,041 --> 01:26:04,041
Isto non che me gusta nadiña.
1117
01:26:04,041 --> 01:26:06,083
Chegou a hora.
1118
01:26:06,958 --> 01:26:08,500
Unha preguntiña.
1119
01:26:09,000 --> 01:26:10,708
Xa podo volver cantar?
1120
01:26:10,708 --> 01:26:12,291
Abofé que si.
1121
01:26:12,791 --> 01:26:13,875
Preparados?
1122
01:26:14,375 --> 01:26:16,541
- Preparados!
- Preparados!
1123
01:26:16,541 --> 01:26:19,333
Quiquiriquí!
1124
01:35:28,458 --> 01:35:30,791
EN AGARIMOSA LEMBRANZA DE
MAURICE MORGAN
1125
01:37:21,416 --> 01:37:26,416
Subtítulos: Marina do Albardeiro